Fernando Villalba Navarrete, gañador do XXV Certame de Arte José Domínguez Guizán de Begonte

post_certamen_arte

 

Pola calidade das obras presentadas, concedéronse tamén mencións de honra ás obras presentadas por Valentín Fernández Vila e Eduardo Fernández García-Gesto

O xurado do XXV Certame de Arte José Domínguez Guizán, formado por Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Manuel Gulín Rodríguez, pintor; Gonzalo Sánchez Folgueira, pintor e Xulio Xiz, representante do centro cultural, ha galardonado a obra do lucence Fernando Villalba Navarrete co primeiro premio desta edición, que será entregado o próximo día 31 de xaneiro no discurso dos actos de clausura do XLIII O Nadal en Begonte.

 

E pola calidade das obras presentadas, concédense cadansúa mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos, ás obras presentadas por Valentín Fernández Vila, de A Pobra do Brollón, e Eduardo Fernández García-Gesto, de Lugo.

 

As obras presentadas ao certame están exportas ata o día 15  de xaneiro (2015) na sala da Xunta de Galicia en Lugo e desde o día 16 ata o 31 deste mes (enero, 2015) na Casa da Cultura de Begonte.

The post Fernando Villalba Navarrete, gañador do XXV Certame de Arte José Domínguez Guizán de Begonte appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/fernando-villalba-navarrete-ganador-del-xxv-certamen-de-arte-de-jose-dominguez-guizan-de-begonte/