Xosé Otero Canto gaña o XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal de Begonte

O lucense Xosé Otero Canto, nado en Ponte de Outeiro (Castro de Rei), gaña co poema Dende Valverde a Begonte (baixo o lema O Reino) o primeiro premio do XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre o nadal, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte. Asimismo, Carlos López Fernández, natural de Ferrol, conseguiu o segundo galardón co poema O Belén era un clamor, presentado co lema O temoneiro da pateira.

Os premios, dotados con 600€ e estauiña de Sargadelos e 300€ con estauiña para o primeiro e segundo premio respectivamente, serán entregados o próximo día 31 de xaneiro no decurso dos actos de clausura da XLIII edición de o Nadal de Begonte.

O escritor Xavier Rodríguez Barrio, o presidente do Centro Cultural, Jesús Domínguez Guizán e Xulio Giz Ramil, xornalista e vicepresidente do Centro, formaron o xurado do certame.

The post Xosé Otero Canto gaña o XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal de Begonte appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/xose-otero-canto-gana-o-xxxix-certame-nacional-de-poesia-sobre-o-nadal-de-begonte/