I Certame de Pintura e Fotografía “Camiño de Santiago, O Camiño da Arte”

BASES
1.- A Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro convoca o “ I Certame de Pintura e Fotografía Camiño de Santiago O Camiño da Arte”, dotado nas seguintes modalidades cos seguintes premios:

– Modalidade Pintura: con 300 euros para o primeiro premio, 150 euros para o segundo

– Modalidade Fotografía: con 200 euros para o primeiro premio, 100 euros para o segundo

Estas cantidades estarán suxeitas as retencións legais que lles sexan aplicables.

2. Poderán concorrer os artistas de calquera nacionalidade residentes en España, que así o acrediten, con un máximo de unha obra en cada modalidade.

3. Requisitos:

– A temática das pinturas e fotografías será O Camiño de Santiago.

– Modalidade Pintura: As dimensións serán: 150×150 cm., o formato máximo e 90×90 cm., o mínimo. Se admitirá calquera tipo de material que soporte o transporte e a manipulación sen perigo para a integridade da obra, con técnica libre, sen enmarcar ou enmarcadas con un listón.

– Modalidade Fotografía: As fotografías deberán presentarse obrigatoriamente, montadas sobre passe-partout de 50×60 centímetros de entre 1,5 y 3 mm de grosor, con traseira e ventá, e estarán impresas en papel fotográfico, xa sexa por procedemento químico ou dixital (papel Fine Art ou similar). Ditas fotografías deberán estar fixadas a cartolina traseira (nunca pegadas con colas u outros adhesivos permanentes).

– As obras que se presenten deberán ser únicas, orixinais e non premiadas noutro certame.

– Ao dorso de cada obra deberá figurar: título, medidas, nome e apelidos do autor e pseudónimo, se o ten.

– Aportarán unha fotocopia do DNI ou documentación que o acredite como residente, e un breve currículum do autor, xunto coa ficha de inscrición debidamente cumprimentada. Esta documentación pasará a formar parte do Patrimonio da Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro.

4. A recepción das obras será do 8 de Febreiro ao 9 de Marzo, en horario de 10:00 a 13:30 horas, os días laborables. Remitiranse a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 16, baixo, 15401. Ferrol – A Coruña-).

5. O Xurado, unha vez reunido, fará unha comunicación pública dos autores e as obras premiadas; reservándose o dereito a declarar algún premio deserto, se o estimase oportuno. A composición do Xurado se coñecerá dous días antes do ditame e seleccionará ademais, acorde coas dimensións da sala de exposicións, un número de obras que destaquen polo seu valor artístico dentro do conxunto de pezas a concurso para a súa exhibición.

O veredicto do xurado será inapelable.

6. A entrega de premios terá lugar o día 15 de Marzo no Hotel Carrís Almirante de Ferrol. Os gañadores de cada premio, terán a obriga de asistir ao acto de entrega de galardóns.

7. Os autores de estas obras autorizan a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro, cedéndolle todos os dereitos sobre as mesmas correspondentes de modo exclusivo.
A entidade se compromete a incluír, xunto a obra, o nome e apelidos do seu autor.

8. Todas as obras pasarán a formar parte do Patrimonio da Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro en propiedade en concepto de Doazón feita polos autores, os cales non Terán dereito a reclamación das mesmas.

9. O obxeto do presente certame é por un lado potenciar a os autores/as de Pintura e Fotografía e o seu talento artístico, así como o de retratar a identidade universal que ten o Camiño de Santiago.

10. Se pretende reunir obras suficientes para montar unha exposición itinerante que se realizará en diversos puntos de interés do Camiño de Santiago.

11. A recepción da obra, a Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro” outorgará ao autor un certificado de participación e título de agradecemento.

12. O feito de participar neste Certame presupón a aceptación das presentes bases.

Contacto Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro: 

  • Teléfono.: 628 011 709
    Correo electrónico: tiemaiseuteatro@gmail.com

The post I Certame de Pintura e Fotografía “Camiño de Santiago, O Camiño da Arte” appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/i-certame-de-pintura-e-fotografia-camino-de-santiago-o-camino-da-arte/