A exposición Manuel Rodríguez López permanecerá durante o mes de abril na Biblioteca Provincial de Lugo

Na Biblioteca Provincial de Lugo –Biblioteca Nodal- vense de abrir ao público a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel

Na Biblioteca Provincial de Lugo –Biblioteca Nodal- vense de abrir ao público a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para vir a Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e logo expoñerse en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona e Madrid. Na Biblioteca Provincial vai permanecer durante o presente mes de abril. En maio, visitará Ponteceso, para ser contemplada na Fundación Eduardo Pondal. E a continuación, será instalada na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de Compostela.

A exposición está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no país catalán.

The post A exposición Manuel Rodríguez López permanecerá durante o mes de abril na Biblioteca Provincial de Lugo appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/a-exposicion-manuel-rodriguez-lopez-permanecera-durante-o-mes-de-abril-na-biblioteca-provincial-de-lugo/