O Museo Provincial de Lugo expoñe de forma temporal dous novos retratos do pintor galego Xesús Rodríguez Corredoira

As obras do pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoira, o Retrato de Consuelo Feijoo -realizado en torno ao ano 1925- e o Retrato de Andrea Varela, permanecerán na sala 17 do Museo Provincial de Lugo ata o mes de maio. Os dous traballos artísticos completan, segundo os responsables da entidade, “os fondos que deste artista conserva” a…

As obras do pintor lucense Xesús Rodríguez Corredoira, o Retrato de Consuelo Feijoo -realizado en torno ao ano 1925- e o Retrato de Andrea Varela, permanecerán na sala 17 do Museo Provincial de Lugo ata o mes de maio. Os dous traballos artísticos completan, segundo os responsables da entidade, “os fondos que deste artista conserva” a propia Rede Museística, ademais de mostrar “a evolución estilística e técnica na pintura de Corredoira”.

Xesús Rodríguez Corredoira é un dos artistas máis importantes da nosa provincia e a súa etapa mística coincide cos anos vividos en Lugo, naque pinta cadros de gran formato utilizando os fondos de base negros, configuras cunhas carnacións dun branco espectral, influenciadas pola pintura deEl Greco. A súa privilexiada posición social lle levará a converterse no pintor da burguesía e do clero.

Na sala do Museo, que leva o nome do autor, o que predomina é o retrato. De feito, aparecen as pinturas a varios membros dunha familia lucense. Neste momento, están expostas 16 obras de Corredoira no MuseoProvincial de Lugo.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/o-museo-provincial-de-lugo-expone-de-forma-temporal-dous-novos-retratos-pintor-galego-xesus-rodriguez-corredoira/