A Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros de A Fonsagrada participa na Gala Navideña do HULA

A Gala Navideña celebrada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) o pasado día 23 de decembro contó coa colaboración da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, de A Fonsagrada, que foi a encargada de pechar os actos do día, entre os que destacou a entrega de premios do concurso de postales no que participaron os nenos ingresados e relacionados co centro sanitario.

Nesta xornada festiva, presentada polo Dr. Arco Iris (Clown e mago vinculado ó HULA), participaron tamén o Grupo Carta de Axuste, o brujo David Méndez e o grupo de Danzas e Gaitas da Cultural, que compaxinou no escenario baile tradicional con cantigas e puxo en escena pezas do seu repertorio tan coñecidas como Xota de Cervantes e Xota da Fonsagrada.

Ao remate e ó pe de escenario, xa máis pertos do conxunto dos oíntes, a agrupación folclórica despedíuse interpretando a panxoliña Muxicas no ceo de Belén.

 

 

The post A Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros de A Fonsagrada participa na Gala Navideña do HULA appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/gala-navidena-no-hospital-universitaio-lucus-augusti-hula/