A TRADESCOLA IMPARTIRÁ DOUS NOVOS OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE GAITA E DE CANTO TRADICIONAL (MANEO)

Jose Manuel López (Josele) e Roberto Rodríguez serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en Doiras (Cervantes) e en Pacios (Begonte), respectivamente.

A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade, realiza dúas novas actividades

Jose Manuel López (Josele) e Roberto Rodríguez serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en Doiras (Cervantes) e en Pacios (Begonte), respectivamente.

A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade, realiza dúas novas actividades formativas relacionadas coa gaita e co canto tradicional en Cervantes e Begonte, e que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño de 2017 . Estos obradoiros, que serán de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada tanto na cidade de Lugo como no resto de comarcas da provincia.

Jose Manuel López (Josele) será o encargado de impartir este obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación Os Xardois, no que se traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio. O Obradoiro terá lugar no colexio de Doiras (Cervantes) en horario de 10.30 horas a 13.00 horas.

Ao día seguinte, en horario de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, será Roberto Rodríguez o encargado de achegar ata Pacios 85 (Begonte) un obradorio de canto tradicional. Neste obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario, traballaranse distintas técnicas e distinto repertorio de maneo.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf. 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas).

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/a-tradescola-impartira-dous-novos-obradoiros-de-tecnicas-de-gaita-e-de-canto-tradicional-maneo/