A xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, impartirá dous obradoiros no mes de novembro

Para o vindeiro mes de novembro, o Departamento de Didáctica da Rede Museística da Deputación de Lugo oferta dous obradoiros que serán impartidos por Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

O primeiro deles, que se vai celebrar o día 9 de novembro, dende ás 18:00 ás 19:30 horas, está dirixido a rapaces/zas de 4 a 7 anos e leva por título Vivir e

Para o vindeiro mes de novembro, o Departamento de Didáctica da Rede Museística da Deputación de Lugo oferta dous obradoiros que serán impartidos por Encarna Lago, xerente da Rede Museística.

O primeiro deles, que se vai celebrar o día 9 de novembro, dende ás 18:00 ás 19:30 horas, está dirixido a rapaces/zas de 4 a 7 anos e leva por título Vivir e Convivir. Esta actividade ten como obxectivo aprender a vivir e convivir empregando as diferentes coleccións do Museo Provincial de Lugo.

Tamén, e co obxecto de ofrecer un espazo aberto a todos os cidadáns, incluíndo aos máis pequenos, a Rede Museística organiza o obradoiro Arte para bebés e nais/pais , que terá lugar o 11 de novembro, entre as 17:30 e 18:30 horas. Trátase dunha actividade novidosa na que o Museo Provincial de Lugo abre as súas portas aos bebés e aos seus proxenitores para que empecen a experimentar novas sensacións relacionadas coa arte e a creatividade.

Todas aquelas persoas que queiran participar nestas actividades, poden formalizar a inscrición, gratuita, no Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo ata o día anterior á realización do obradoiro.

The post A xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, impartirá dous obradoiros no mes de novembro appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/la-xerente-da-rede-museistica-da-deputacion-de-lugo-encarna-lago-impartira-dous-obradoiros-no-mes-de-novembro/