Agasallo para Manuel María en forma teatral para festexar o 87º aniversario do seu nacemento

Este vindeiro sábado 17 horas a compañía teatral luguesa Lucecús representará de xeito itinerante por diferentes espazos de Outeiro de Rei a súa obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, construída a partir de textos de Manuel María

A Casa-Museo Manuel María tamén acollerá nesta xornada a xuntanza anual de amigas e amigos da Fundación q

Este vindeiro sábado 17 horas a compañía teatral luguesa Lucecús representará de xeito itinerante por diferentes espazos de Outeiro de Rei a súa obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, construída a partir de textos de Manuel María

A Casa-Museo Manuel María tamén acollerá nesta xornada a xuntanza anual de amigas e amigos da Fundación que leva o nome do escritor Outeiro de Rei, 6 de outubro de 2016.- O 6 de outubro de 1929 nacía en Outeiro de Rei da Terra Chá Manuel María, o escritor a quen este ano se dedican as Letras Galegas

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos, encargada da custodia do legado do escritor e da Casa-Museo de Outeiro de Rei, acordou no seu momento conmemorar esta data, convocando por volta dela unha xuntanza anual de amigas e amigos da Fundación, o amplo grupo de persoas que ao longo do ano colaboran económica e organizativamente nas actividades que se desenvolven arredor da Casa-Museo e restantes iniciativas relacionadas coa difusión da obra de Manuel María.

A Casa-Museo Manuel María organiza para o sábado día 8 un “agasallo” en forma lúdica para conmemorar o 87º aniversario do nacemento do autor: un presente simbólico para o escritor, mais sobre todo para todas as persoas que quixeren achegarse a Outeiro para compartiren a celebración. Será, nesta ocasión, coa representación da obraA verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, creada, dirixida e interpretada pola compañía teatral luguesa Lucecús. A obra será representada a partir das 17:00 horas, de xeito itinerante, polos espazos da vila de Outeiro de Rei, a tribo natal de Manuel María; aqueles lugares concretos que o poeta máis amou.

De asistencia libre e gratuíta (se o clima non acompañar a obra representaríase no auditorio da Casa-Museo, con entrada libre até completar aforo), a proposta teatral de Lucecús, pensada para todo tipo de públicos, busca achegar o riquísimo universo literario de Manuel María a través do fío condutor do personaxe de Manuel de Paderna, veciño e amigo do poeta, criado da casa natal e primeiro mestre que tivo o Manuel “no oficio de facer versos” no tempo da primeira adolescencia.

Nada mellor que achegarse ao mundo creativo de Manuel María a través do contacto directo cos lugares e paisaxes onde a súa ollada espertou á beleza do mundo e naceron os seus primeiros versos. O sábado será tamén a xornada na que se desenvolva o encontro anual de amigas e amigos da Fundación, primeiro cun xantar de confraternización e, posteriormente, na Casa-Museo emprazada na que foi casa natal do escritor, cunha xuntanza onde as persoas asistentes poderán valorar a intensa actividade do último ano e tamén achegaren propostas para novos proxectos no futuro inmediato.

Xa desde os seus inicios a Fundación Manuel María de Estudos Galegos apostou con decisión por buscar un funcionamento o máis aberto e asembleario posíbel, estimulando sempre a participación da base de amigas e amigos que lle presta sustento e colaboración.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/events/homenaze-ao-escritor-chairego-na-casa-museo-manuel-maria/