Homenaxe do Orfeón Lucense a Xesús Mato en Portomarín e Paradela

Este domingo, o Orfeón Lucense rendeu homenaxe en Portomarín e Paradela ao que foi o seu Director, o musicólogo Xesús Mato, entregándolle a súa Insignia de Ouro

 A homenaxe comezou na igrexa parroquial de Portomarín, ás 12,30 da mañán, onde Xesús Mato, xunto co párroco portomarinense, Antonio LópezVázquez,  oficiou a misa maior que foi ca…

Este domingo, o Orfeón Lucense rendeu homenaxe en Portomarín e Paradela ao que foi o seu Director, o musicólogo Xesús Mato, entregándolle a súa Insignia de Ouro

 A homenaxe comezou na igrexa parroquial de Portomarín, ás 12,30 da mañán, onde Xesús Mato, xunto co párroco portomarinense, Antonio LópezVázquez,  oficiou a misa maior que foi cantada polo Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo. Rematada a misa, o Coro ofreceu un recital de panxoliñas, no que actuou o violinista galego residente en Bristol,  Carlos Rodríguez (neto do escritor Manuel Rodríguez López), que interpretou unha peza da que é autor, creada arredor do tema central de “Fuxan os Ventos”, do que Mato foi autor de música e letra.      

 Seguidamente, no Mesón do Loio, en Paradela, nun xantar de irmandade ao que asistiron os alcaldes de Portomarín (Juan Serrano) e Paradela (José Manuel Mato) e o Prefecto de música da Catedral de Lugo, Luis Castiñeira, da familia do refundador do Orfeón, o Director desta agrupación, Marcos Fernández Mosquera, impuxolle a Mato a insignia de ouro do Orfeón e os alcaldes de Paradela (concello natal de Mato) e Portomarín (concello no que reside), entregáronlle cadanseu agasallo e pronuciaronn palabras de loubanza da obra e traxectoria deste senlleiro lucense que hai uns anos dirixiu ao Orfeón, e foi impulsor de Fuxan os Ventos e A Quenlla, imprescindibles para coñecer a evolución da música galega desde os anos setenta ata a actualidade.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/homenaxe-orfeon-lucense-xesus-mato-en-portomarin-e-paradela/