“Rosalía sempre viva”, unha programación especial en torno á figura de Rosalía de Castro

Exposicións, talleres, títeres e concertos para celebrar o Día da escritora en Lugo

rosaliaRosalía sempre viva é o nome da programación especial dedicada á escritoria Rosalía de Castro en Lugo que se celebrará en torno ao 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, co fin de homenajear a esta comprometida escritora que defendeu especialmente as clases popula

Exposicións, talleres, títeres e concertos para celebrar o Día da escritora en Lugo

rosaliaRosalía sempre viva é o nome da programación especial dedicada á escritoria Rosalía de Castro en Lugo que se celebrará en torno ao 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, co fin de homenajear a esta comprometida escritora que defendeu especialmente as clases populares e os sinais de identidade da Galiza.

Exposicións, talleres, títeres e concertos forman parte desta programación que arrincará o vindeiro luns, 22 de febreiro (2016), na Sala de Exposicións da Diputación , coa inauguraciónda mostra Airiños, aires…Rosalíado fotógrafo Xurxo Lobato, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro.

O programa continuará o mércores 24 de febreirocon dous actos; o primeiro, ás 12:30 horas, a cargo da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e coa colaboración do Área de Cultura da Diputación, que terá lugar no Centro ocupacional de ASPNAIS en Lugo, e o segundo acto, ás 20:00 horas na Capela de Santa María, celebrarase ainauguración da reedición da exposición Imaxinando Cantares Galegos.

A programación continuará o mércores 2 de marzo cun espectáculo para público familiar titulado A viaxe de Rosalía, da titiritera Larraitz Urrusola, que terá lugar na Sala de Exposións da Diputación a partir das 17:30 horas. O venres 4 de marzo, ás 20:00 horas, celebrarase o concertoEu cantar, cantar, cantei… a Rosalía, a cargo de Só Voces na Capela de Santa María.

O mércores 9 de marzo, a partir das 20:00 horas, realizarase o taller infantilA lanterna máxica Rosaliana, de 17:30 a 19:30 horas, na Sala de Exposicións da Diputación. A programación chegará ao seu fin o venres 18 de marzo, cun concerto acústico da cantante SÉS na Capela de Santa María, ás 20:00 horas.

A programación Rosalía sempre viva completarase cos talleres infantís Follas novas, novas follas, na Rede Museística de Lugo, e cos talleres infantís Ilustrando a Rosalía, os días 5 e 12 de marzo, no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD).

Programación completa

The post “Rosalía sempre viva”, unha programación especial en torno á figura de Rosalía de Castro appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/rosalia-siempre-viva-una-programacion-especial-en-torno-a-la-figura-de-rosalia-de-castro/?lang=gl