venres 20 de xaneiro

O venres 20 de xaneiro comeza a segunda edición do Ciclo de documentarios Enxergando o País, unha nova selección do último do cinema documental galego, co que pretendemos que as proxeccións sexan un punto de encontro para reflexionar e debater sobre os aspectos da nosa historia, da nosa cultura ou da actualidade a partir das visións aportadas nos d…

O venres 20 de xaneiro comeza a segunda edición do Ciclo de documentarios Enxergando o País, unha nova selección do último do cinema documental galego, co que pretendemos que as proxeccións sexan un punto de encontro para reflexionar e debater sobre os aspectos da nosa historia, da nosa cultura ou da actualidade a partir das visións aportadas nos documentarios.

As proxeccións terán lugar os mércores e os venres ás 20:30 hs. no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1-baixo 5), entre o 20 de xaneiro e o 21 de febreiro. Nestes actos acompañarannos membros das equipas que crearon ou promoveron esas pezas audiovisuais. A primeira será unha sesión dobre, na que o laureado cineasta galego Marcos Nine nos presentará os documentarios ‘A Fábrica’ (2008) e ‘Sons do Mercado’ (2016). A programación completa será a seguinte:

  • Venres 20 de xaneiro, 20:30 hs.: A Fábrica e Sons do Mercado, con Marcos Nine
  • Mércores 25 de xaneiro, 20:30 hs.:Manuel María: paixón de palabra e de terra, con Fran Rei
  • Venres 27 de xaneiro, 20:30 hs.:Asolagados, con David Vázquez
  • Mércores 1 de febreiro, 20:30 hs.:Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, con Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias
  • Venres 3 de febreiro, 20:30 hs.:Entrar aos Vilares, con Cibrán Tenreiro, Toni González, Paz Veres e Antón de Guizán (Asociación Sociocultural Lareira de Soños)
  • Mércores 8 de febreiro, 20:30 hs.: Patrimonio Habitado e De porta en porta, con Xiana Iglesias e Óscar Senra (MaOs Cooperativa)
  • Venres 10 de febreiro, 20:30 hs.:As pedras de San Lourenzo, con Xurxo Ayán
  • Mércores 15 de febreiro, 20:30 hs.: Lembranzas dunha escola unitaria. Cabreiros, con Xosé M. Felpeto, Manuela Vilaboi e Xurxo Rodríguez
  • Venres 17 de febreiro, 20:30 hs.:A chave para 6000 presos. A vida na Arousa antes e despois da ponte, con Carlos Abraira (CEIP Illa de Arousa)
  • Martes 21 de febreiro, 20:30 hs.: Terra das Marabillas, con Ana Lois, Rafa Quintía e Eduardo Sanches Maragoto

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/219519/