Visita coa Asociación Cultural Souto do Val os Milagros de Saavedra, o mosteiro de Santa María de Meira e o templo de Santalla de Bóveda

No mes de maio, como xa é tradición, celebrase a romaría en honor da Virxe dos Milagros de Saavedra en Begonte; donde numerosos devotos da Virxe acoden ó lugar para rendirlle homenaxe.
Moitos dos fieis realizan unha peregrinación a pé dende os municipios da Terra Chá e da cidade de Lugo para acudir ás distintas celebracións eucarísticas e á proces

No mes de maio, como xa é tradición, celebrase a romaría en honor da Virxe dos Milagros de Saavedra en Begonte; donde numerosos devotos da Virxe acoden ó lugar para rendirlle homenaxe.
Moitos dos fieis realizan unha peregrinación a pé dende os municipios da Terra Chá e da cidade de Lugo para acudir ás distintas celebracións eucarísticas e á procesión polas inmediacións da capilla, onde son frecuentes as ofrendas á Nosa Señora. Sobre o santuario existen diversas lendas sobre gran poder da Vixe dos Milagros

O mosteiro de Santa María de Meira

O mosteiro de Santa María de Meira é un mosteiro medieval fundado no século XII, do que se conserva a igrexa e parte das edificacións monásticas, situado na parroquia de Meira, pertencente ao concello do mesmo nome. O primeiro documento que se refire a este mosteiro data do ano 1154. A fundación do mosteiro afástase do máis habitual en Galicia e a fundación foi dirixida directamente desde a casa central francesa, fundando un novo mosteiro, nun lugar doado polo conde de Sarria e a súa dona, filla do conde de Trava.
Dos edificios conventuais na actualidade consérvase só a igrexa. Construída no austero estilo cisterciense foi consagrada o 3 de xullo do ano 1258 polo bispo Martiño de Lugo.

Olería de Bonxe

A cerámica de Bonxe, é unha das catro cerámicas ancestrais de Galicia. As boas condicións xeológicas da Terra Chá favoreceron e mantiveron un bo ritmo desta producción de oleiros.
Numerosos testemuñas fablan da súa transmisión hereditaria familiar, en 1809. Sobre a década dos anos 50 aínda a totalidade dos vecinos da parroquia de Outeiro de Rei vivían da olería (eran oleiros, chamábanse así porque eran os que facían as “olas” ós cacharreros). Progresivamente esta cerámica, seguindo a tónica xeral do resto de artesanías de tradición, foi decaendo; os mestres oleiros foron menos, poñendo en perigro a continuidade desta artesanía.

Templo de Santalla de Bóveda

O templo romano de Santalla de Bóveda é un santuario tardorromano datado entre os séculos II e IV, situado na parroquia de Santalla de Bóveda de Mera, concello de Lugo, a uns 14 quilómetros da capital. Está semisoterrado a carón da actual igrexa de Santalla. Foi descuberto en 1926 e os arqueólogos non souberon dar ata agora unha explicación segura da súa orixe e finalidade.
Admítese que se trata dun templo pagán, con diferentes teorías sobre a súa finalidade, cristianizado séculos máis tarde. Está considerado un unicum, ó non existir ningún outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo imperio romano.

En 1931 foi declarado Monumento Nacional, e en 1985 Ben de Interese Cultural.

 

DÍA: 23/05/2015

PREZO DO VIAXE: 30 EUROS

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL SOUTO DO VAL

 

The post Visita coa Asociación Cultural Souto do Val os Milagros de Saavedra, o mosteiro de Santa María de Meira e o templo de Santalla de Bóveda appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/visita-coa-asociacion-cultural-souto-do-val-os-milagros-de-saavedra-o-mosteiro-de-santa-maria-de-meira-e-o-templo-de-santalla-de-boveda/