Exposición de pintura en Begonte

Na Casa da Cultura de Begonte están expostos os cadros presentados a XXVI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado polo centro cultural do mesmo nome. A mostra, que se abreu ao público o pasado día 15, estará aberta neste centro ata o próximo 29 de xaneiro, durante o horario de apertura, polas tardes. Entre os cadros expostos están o…

Na Casa da Cultura de Begonte están expostos os cadros presentados a XXVI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado polo centro cultural do mesmo nome. A mostra, que se abreu ao público o pasado día 15, estará aberta neste centro ata o próximo 29 de xaneiro, durante o horario de apertura, polas tardes. Entre os cadros expostos están os premiados polo Xurado do Certame, que adxudicou o Premio á obra presentada polo profesor de arte de orixe vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde. Está dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos.

O Xurado, formado por Aurelia Balseiro García (Directora do Museo Provincial de Lugo), os pintores Gonzalo Sánchez Folgueira e Manuel Gulín Rodríguez, e o xornalista Xulio Giz Ramil (Secretario, en nome da entidade convocante), otorgou así mesmo cadansúa mención de honra ás obras presentadas por Fabiola Mecías de Vigo, e José Manuel Peña Romay, de Lugo.

Os premios serán entregados o sábado, trinta de xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Belén Electronico e de O NADAL EN BEGONTE.

The post Exposición de pintura en Begonte appeared first on Lugo Cultura Dixital.

Leer más http://www.lugoculturadixital.es/exposicion-de-pintura-en-begonte/?lang=gl