Carlos López Fernández, 2º premio, e mencións de honra para Rosa Piñeiro e Lucía Penalonga
Xosé Otero Canto, natural de Ponte de Outeiro e veciño de Lugo, co poema
O vento é un moinante (Cantiga para dormir ao neno), foi o gañador do XL
Certame Nacional De Poesía sobre O Nadal, convocado polo Centro cultural
José Domínguez Guizán (Begonte) e dotado…
Carlos López Fernández, 2º premio, e mencións de honra para Rosa Piñeiro e Lucía Penalonga
Xosé Otero Canto, natural de Ponte de Outeiro e veciño de Lugo, co poema
O vento é un moinante (Cantiga para dormir ao neno), foi o gañador do XL
Certame Nacional De Poesía sobre O Nadal, convocado polo Centro cultural
José Domínguez Guizán (Begonte) e dotado con 600 € e estatuíña de
Sargadelos.
O segundo premio, dotado con 300 € e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao
poema Sempre haberá Belén que, co lema O Pombo da chousa grande, foi
presentado por Carlos López Fernández, veciño de Lugo.
Pola calidade dos seus traballos concedéronse cadansúa Mención de honra,
dotada con estatuíña de Sargadelos, ás autoras Rosa Piñeiro (Ávila), polo seu poema Hai un Belén de garda, presentado
baixo o lema Alonit, e Lucía Penalonga Cruz (Lugo), polo seu poema O neno é galego.
O xurado estivo formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro
Cultural convocante, Xavier Rodríguez Barrio (poeta), e Xulio Xiz (periodista).
Os premios serán entregados o próximo 30 de xaneiro, sábado, no decurso
dos actos de clausura do Belén Electrónico de Begonte e da XLIV edición de
“O Nadal en Begonte”.
The post Xosé Otero Canto, Premio de poesía “Begonte e o Nadal” appeared first on Lugo Cultura Dixital.
Leer más http://www.lugoculturadixital.es/xose-otero-canto-premio-de-poesia-begonte-e-o-nadal/?lang=gl